Saltar al contenido principal

Actions

As actions son o núcleo de GitHub Actions. Son pequenos programas empaquetados que executan unha tarefa concreta dentro dun fluxo de traballo. Estes programas poden ser reutilizados.

Pensa nas actions como pezas de LEGO que podes combinar para construír a túa automatización. GitHub e a comunidade ofrecen miles de actions listas para usar desde o Marketplace.

Exemplos comúns:

AcciónDescriciónRepositorio
actions/checkout@v4Clona o código do repositorio actual.actions/checkout
actions/setup-node@v4Instala Node.js no runner.actions/setup-node
oven-sh/setup-bun@v2Instala Bun no runner.oven-sh/setup-bun
actions/upload-artifact@v4Garda ficheiros xerados durante a execución.actions/upload-artifact

Tamén podes crear as túas propias actions se necesitas automatizar algo moi específico.

Exemplos de uso nun step:

- name: Checkout code
uses: actions/checkout@v4
- name: Configurar Node.js
uses: actions/setup-node@v4
with:
node-version: 20
- name: Configurar Node.js
uses: actions/setup-node@v5
with:
node-version: 24
- name: Install Bun
uses: oven-sh/setup-bun@v2
with:
bun-version: latest
- name: Upload artifact
uses: actions/upload-artifact@v4
with:
name: main-executable
path: ./dist/executable

Aquí úsase unha acción oficial de GitHub para instalar Node.js versión 20 antes de continuar co resto do fluxo.