Steps
Cada job está composto por unha lista ordenada de steps (pasos). Os steps execútanse un detrás doutro dentro dese mesmo entorno.
Un step pode ser:
- Unha acción reutilizable (definida por GitHub ou pola comunidade).
- Un comando que ti escribes. Por exemplo,
npm installounpm run build.
Exemplo:
steps:
- name: Clonar o repositorio
uses: actions/checkout@v4
- name: Instalar dependencias
run: npm install
- name: Executar tests
run: npm test
Cada step ten un nome opcional (name) que axuda a identificalo visualmente nos resultados de execución, e unha acción ou comando que indica que debe facer.