Saltar al contenido principal

Nomes de dominio

O espazo de nomes de dominio é unha base de datos distribuída entre múltiples servidores DNS, os cales almacenan os nomes de equipos xunto coas súas direccións IP.

O sistema DNS segue unha estrutura xerárquica, a cal se pode representar en forma de árbore con varios niveis. Cada nivel da árbore representa un tipo de dominio.

A árbore completa que representa todos os dominios alcanzables en Internet é o espazo de nomes. O espazo de nomes non garda ningún tipo de relación coa xeografía ou topoloxía da rede.

Unha árbore está formada por varios elementos:

NomeNome
(inglés)
Descrición
NodoNodeElemento que representa un medio dentro dunha organización. Habitualmente, un ordenador.
RaízRootNodo de partida, nodo que só ten descendencia (fillos). Só hai unha raíz en toda unha árbore.
FollaLeafNodo terminal, nodo que só ten ascendencia (pais).

Na imaxe, a raíz está indicada en verde; os nodos, en azul; e as follas, en vermello.

Todos os nodos da árbore deben ter un nome ou etiqueta (label). Cada nodo representa un obxecto como, por exemplo, un servidor ou un ordenador.

As etiquetas (labels) deben cumprir as seguintes condicións:

  • Deben ser cadeas alfanuméricas (letras e números).
  • O guión (-) é o único símbolo permitido.
  • Debe comezar cunha letra. É dicir, non pode comezar cun número ou cun guión.
  • O número mínimo de caracteres é 1.
  • O número máximo de caracteres é 63.

Estas condicións defínense no RFC 1035.

Un nome de dominio está formado pola concatenación de todas as etiquetas dos nodos da árbore que se deben percorrer desde unha folla que escollamos ata a raíz. O resultado é unha lista de etiquetas separadas por puntos: comezando pola folla, seguindo a través dos nodos e rematando na raíz da árbore.

A etiqueta da raíz dos dominios é un punto (.). Un nome de dominio sempre termina cun punto final, o cal corresponde coa etiqueta da raíz. Esta etiqueta adoita omitirse porque é unha etiqueta puramente formal.

Imos ver un exemplo. Supoñamos esta estrutura:

Se escollemos a folla www da árbore (punto verde da esquerda), podemos obter o nome único desa máquina recorrendo a árbore desde esa folla cara a raíz. Polo tanto, partimos de www e imos subindo: google, com e chegamos á raíz (.). O nome de dominio desa máquina sería www.google.com. ou www.google.com (o punto final pódese omitir). O nome www.google.com está formado polas etiquetas que tivemos que percorrer separadas por puntos.

Imos ver outro exemplo:

Se escollemos a folla en e seguimos o camiño ata a raíz, temos que recorrer os nodos wikipedia e org. Neste caso, obtemos en.wikipedia.org. ou en.wikipedia.org.

Un FQDN (Fully Qualified Domain Name), coñecido tamén como o nome de dominio absoluto (absolute domain name), é un nome que especifica exactamente en que posición da árbore que define a xerarquía DNS se atopa un servidor DNS. Un FQDN inclúe o punto final. Un nome de dominio debe incluír todos os puntos e ten unha lonxitude máxima de 253 caracteres.

Exemplos de FQDN son:

  • www.google.com.
  • en.wikipedia.org.

Un nome do host (host name) fai referencia a un equipo dentro do espazo de nomes. O nome do host é a primeira etiqueta dun FQDN. Pode darse o caso de que dous nomes de hosts diferentes fagan referencia a un mesmo equipo na rede. Nese caso, o nome do host é un alias.

Exemplo de nomes de hosts son:

FQDNNome do host
www.google.com.www
en.wikipedia.org.en