Zonas DNS
A información de todos os dominios existentes non se atopa nun único servidor, senón que se reparte entre toda a infraestrutura de servidores DNS. É por iso que dicimos que o espazo de nomes de dominio é unha base de datos distribuída entre múltiples servidores DNS
Un servidor DNS almacena información sobre un dominio/subdominio e/ou un conxunto de dominios/subdominios. A información almacenada nun servidor DNS constitúe unha zona. Cada zona contén a información necesaria para resolver os nomes das máquinas dun ou máis dominios. Ademas, unha zona é administrada por un único xestor.
Dise que unha zona ten autoridade sobre o dominio cando a zona garda información relativa á organización do dominio. Os obxectos dun dominio DNS (por exemplo, nomes de equipos) rexístranse nun ficheiro de zona, situado nun ou máis servidores de nomes: servidores de nomes primarios e secundarios.
Zonas e dominios
O sistema DNS divídese en moitas zonas diferentes. Unha zona DNS é parte do espazo de nomes DNS. O espazo de nomes DNS correspóndese coa árbore completa de dominios existentes.
É común tratar confundir zona DNS con nome de dominio ou cun só servidor DNS. Unha zona é un ficheiro almacenado nun servidor DNS que contén a información necesaria para resolver nomes pertencentes a un ou varios dominios, por exemplo, un dominio e varios subdominios. Polo tanto, unha zona é unha parte da base de datos que conforma o sistema DNS.
Exemplo
Supoñamos o seguintes:
- Temos unha zona do dominio
wikipedia.org. - Queremos crear tres subdominios:
en.wikipedia.org,es.wikipedia.orgemedia.wikipedia.org.
Nese caso, pódese dar o caso de que teñamos unha zona para ter unha zona para en.wikipedia.org e es.wikipedia.org, outra para wikipedia.org e outra zona diferente para media.wikipedia.org. Temos 4 dominios en total e 3 zonas.
Esas tres zonas (tres ficheiros) poden estar nun mesmo servidor de nomes ou en diferentes servidores. Tamén é posible que teñamos outros dominios de primeiro nivel no mesmo servidor. Por exemplo, é posible que teñamos unha zona para wikimedia.org dentro do mesmo servidor DNS ou ter os rexistros dentro da mesma zona que wikipedia.org.
Transferencia de zona
Os servidores de nomes secundarios realizan cada certo tempo unha actualización da zona. Para iso, solicitan ao servidor de nomes primario o envío dunha copia da zona primaria. Esta copia enviada actualiza os rexistros na zona secundaria.
O proceso de actualización dunha zona secundaria cunha copia da zona primaria chámase transferencia de zona.
Cando se inicia unha transferencia de zona, un servidor de nomes secundario realiza a solicitude da trasferencia ao primario. No secundario pódese configurar cada canto tempo deben realizar as transferencias de zona. Especialmente para zonas que conteñen moita información, adóitanse realizar transferencias de zona incrementais. Neste tipo de transferencias, só se envían os datos modificados na zona desde a última transferencia.