Rexistros DNS
A información de zona está estruturada en forma de rexistros de recursos. Un rexistro de recursos (Resource Record, RR) é unha estrutura de base de datos DNS estándar que contén información para procesar consultas DNS.
Unha zona é unha parte da base de datos DNS que contén os rexistros de recursos cos nomes de propietario que pertencen á parte contigua do espazo de nomes DNS. Un ficheiro de zona é o ficheiro do disco duro local do servidor DNS que contén toda a información de configuración para unha zona e os rexistros de recursos contidos nela. Polo tanto, para poder almacenar rexistros de recursos, teremos que editar ficheiros de texto ou empregar unha aplicación que o faga por nós.
Un ficheiro de zona ten un aspecto como o seguinte:
;Rexistro SOA
@ 1d IN SOA ns1.foo.example.com. root.foo.example.com. (
2019050800 ; Serial number
1h ; Refresh interval
15m ; Retry interval
7d ; Expiration interval
10m ) ; Negative-caching TTL
;Rexistros NS
IN NS ns1.foo.example.com.
IN NS ns2.foo.example.com.
;Rexistros MX
IN MX 0 mail.foo.example.com.
IN MX 10 mta.isp.net.
;Rexistros A e AAAA
IN A 192.168.1.1
IN AAAA 2001:db8:42:1::1
ns1 IN A 192.168.1.53
IN AAAA 2001:db8:42:1::53
ns2 IN A 192.168.2.53
IN AAAA 2001:db8:42:2::53
mail IN A 192.168.1.25
IN AAAA 2001:db8:42:1::25
;Rexistro CNAME
www 5m IN CNAME @
;Rexistros SRV
_http._tcp.www IN SRV 0 0 80 foo.example.com.
_https._tcp.www IN SRV 0 0 443 foo.example.com.
Existen varios tipos de RR. A continuación, imos ver os seguintes:
| Rexistro | Nome | RFC |
|---|---|---|
A | Address (IPv4) | RFC 1035 |
AAAA | Address (IPv6) | RFC 3596 |
CNAME | Canonical Name | RFC 1035 |
NS | Name Server | RFC 1035 |
MX | Mail Exchange | RFC 1035 |
PTR | Pointer | RFC 1035 |
SOA | Start of authority | RFC 1035 |
SRV | Service | RFC 2872 |
Existen moitos máis, pero estes son os esenciais.