Saltar al contenido principal

Formas de expresar un nome de dominio

O nome de dominio dos rexistros de recursos (RR) pode especificarse de diferentes maneiras. Nos seguintes apartados describiremos as catro formas de expresar un dominio.

FQDN

FQDN (Fully Qualified Domain Name) é un nome de dominio absoluto.

Exemplos de FQDN son:

example.com.
www.example.com.
s1.www.example.com.
ns.example.com.
mail.example.com.

Un FQDN permite identificar sen ambigüedades un host concreto dentro dunha rede. Esta forma é a que empregamos cando introducimos un dominio na barra de direccións dun navegador ou cando realizamos un ping a un dominio, exceptuando un detalle: non poñemos o punto final, xa que se sobreentende. Isto non é así cando traballemos con rexistros DNS: o punto final sempre se debe indicar para diferenciar un FQDN dun nome relativo.

Dominio raíz nun FQDN

Un FQDN debe incluír un punto final, o cal fai referencia ao dominio raíz. É un error común esquecerse do punto final. Se non poñemos o punto final, estamos indicando un nome relativo.

Relativo

Un nome relativo é un nome que é relativo ao dominio de zona.

Exemplos de nomes relativos son:

www
s1.www
ns
mail

Supoñamos que o dominio de zona é example.com.. Nese caso, os FQDN equivalentes aos nomes relativos anteriores son:

Nome relativoDominio de zonaFQDN
wwwexample.com.www.example.com.
s1.wwwexample.com.s1.www.example.com.
nsexample.com.ns.example.com.
mailexample.com.mail.example.com.

Como se pode comprobar, para convertir un nome relativo a un FQDN, temos que engadir o dominio de zona (neste caso, example.com.) a continuación do nome relativo separándoo por un punto.

Nome relativo

Un nome relativo nunca leva un punto final.

Referencial

Se non queremos empregar o FDQN do nome de dominio da zona, podemos empregar un @ para facer referencia a el.

Por exemplo, se o dominio de zona é example.com., utilizar @ sería equivalente a indicar example.com..

example.com.
@ ;Equivalente a example.com.

Ningún

No caso de non indicar nada, colle o valor do rexistro anterior definido.

Supoñamos o seguinte exemplo:

ns1     IN  A     192.168.1.53              ;Relativo
IN AAAA 2001:db8:42:1::53 ;Ningún. Cóllese o valor da liña anterior: ns1

A primeira liña define para o nome relativo ns1 un rexistro A. A segunda liña non define ningún nome, polo tanto cóllese o da liña anterior: ns1.

As dúas liñas de configuraciónes anterior son equivalentes ás seguintes:

ns1     IN  A     192.168.1.53
ns1 IN AAAA 2001:db8:42:1::53

Exemplo completo

Neste apartado móstranse varias formas de indicar o mesmo utilizando diferentes formas de expresar nomes de dominio. Estamos supoñendo que o ficheiro de zona é para o dominio example.com.

Todos os exemplos son equivalentes.

example.com.       300  IN  A  10.0.2.10     ;FQDN
www.example.com. 300 IN A 10.0.2.11 ;FQDN
example.com.       300  IN  A  10.0.2.10     ;FQDN
www 300 IN A 10.0.2.11 ;Relativo
@                  300  IN  A  10.0.2.10     ;Refererncial
www.example.com. 300 IN A 10.0.2.11 ;FQDN
@                  300  IN  A  10.0.2.10     ;Referencial
www 300 IN A 10.0.2.11 ;Relativo
Definición no ficheiro de zonaTipoValor
example.com.FQDNexample.com.
wwwRelativowww.example.com.
www.example.com.FQDNwww.example.com.
@Referencialexample.com.