CSS
CSS, Cascading Style Sheets, é unha linguaxe de deseño gráfico para definir e crear a presentación dun documento HTML. Está deseñado principalmente para marcar a separación do contido do documento e a forma de presentalo.
A separación de formato e contido fai posible presentar o mesmo documento en diferentes estilos para diferentes métodos de renderizado, como pode ser o tamaño da pantalla.
A especificación CSS é mantida polo W3C.
O código CSS pode ser incrustado entre código HTML utilizando a etiqueta <style>:
<style>
# Código CSS
</style>
Ou pode ser enlazado como un elemento externo, ao igual que unha imaxe, do seguinte xeito:
<link href="URL-CSS.css" rel="stylesheet" type="text/css" />
Librerías CSS
Actualmente existes librerías que CSS que conteñen estilos predefinidos que axudan o deseñador a desenvolver de xeito máis rápido. Algunha das solucións existentes son:
- Tailwind: a librería máis popular e empregada na actualidade con máis de 90K de starts en GitHub.
- BootStrap: creada no 2010 e é unha das máis utilizadas desde a data. Probablemente a vexamos moito en proxectos máis antigos. Actualmente está na súa versión 5 e con máis de 170K de stars en GitHub.
- Material Desing: deseñado nun principio por Google para Android.
Estas librerías non só constan de follas de estilos. Tamén están formados por scripts JavaScript que engaden funcións que non son posibles tan só utilizando CSS.
SASS
SASS (Syntactically Awesome Stylesheets) é unha metalinguaxe de folla de estilos. É unha linguaxe de script que se traduce a CSS.
Esta linguaxe engade características que non ten CSS, e que son propias das linguaxes de programación, como poden ser variables, funcións, etc.
Entre as vantaxes que ofrece esta linguaxe destacamos que reduce o tempo para crear e manter CSS.
Minimización
Minimización é a práctica de eliminar código de caracteres innecesarios para reducir o seu tamaño, mellorando así os tempos de carga. Cando o código é minimizado, todos os comentarios son eliminados, así como espazos en branco e caracteres innecesarios (espazos, novas liñas, etc.).
É habitual non minimizar o ficheiro orixinal co que traballamos, senón crear unha copia con outro nome, xa que os arquivos minificados non son moi doados de manexar. Xeralmente utilizamos o termo .min que se engade antes da extensión. Por exemplo, se o ficheiro orixinal se chama styles.css, a versión minimizada denominarase styles.min.css.
- Ficheiro completo: https://cdn.jsdelivr.net/npm/bootstrap@5.2.2/dist/css/bootstrap.css
- Ficheiro minimizado: https://cdn.jsdelivr.net/npm/bootstrap@5.2.2/dist/css/bootstrap.min.css
Existen ferramentas que realizan estre proceso.