Saltar al contenido principal

Frameworks web

Un framework web é un conxunto de ferramentas e bibliotecas que axudan a desenvolver aplicacións web de forma máis rápida, organizada e segura. Facilitan tarefas comúns como rutas, conexións a bases de datos, autenticación, renderizado de páxinas, etc.

As vantaxes dos frameworks son:

  • O programador non necesita formularse unha estrutura global da aplicación. O framework proporciónalle un esqueleto que ten que cubrir.
  • Facilita a colaboración. Definir e estandarizar aforra tempo e traballo nos desenvolvementos colaborativos.
  • É máis sinxelo encontrar ferramentas (utilidades, librerías) adaptadas ao framework que facilitan o desenvolvemento.

Existen os seguintes tipos de frameworks web:

  • Frameworks de Backend: Están orientados a construír a lóxica do servidor, API, base de datos, autenticación, etc.
  • Frameworks de Frontend: Usados para construír a interface do usuario (UI), manexar eventos, animacións, estados, e comunicación co backend.
  • Frameworks Full Stack: Permiten traballar tanto no backend como no frontend cun mesmo ecosistema, ás veces mesmo cunha única linguaxe. Xeralmente son os mesmos que os de backend.

Frameworks full-stack e de backend

Unha característica importante destes frameworks web é que contan cun servidor web de desenvolvemento. Deste xeito pódese prescindir de utilizar servidores web como Apache durante o desenvolvemento da aplicación. Deste xeito é o propio framework o que se encarga de todo o encamiñamento das rutas URL.

Ademais dende a aparición dos frameworks, comezaron a utilizarse linguaxes para desenvolver contorno servidor que ata o momento non se utilizaban para este propósito como JavaScript e Python.

Ademais soen ter asociada unha template engine para construír as vistas, aínda que en algúns casos pódese elixir cal utilizar.

Algunhas das linguaxes e frameworks que se poden utilizar como no desenvolvemento de full-stack e de backend son:

PHP

Algún dos frameworks de PHP máis utilizados son:

  • Symfony: Creado no 2003. BNP Paribas, BBC News ou "El Tenedor" son empresas que confían neste framework para os seus proxectos.

    Symfony

  • Laravel: framework de código aberto que utiliza como linguaxe PHP. Foi creado en 2011. Algunhas empresas que traballan con este framework son: Disney, Twich, New York Times, etc.

    Laravel

JavaScript

Aínda que esta linguaxe foi tradicionalmente empregada do lado do cliente, a partires da creación de Node.js foi posible crear código backend utilizando JavaScript. Node.js é un contorno de execución de JavaSCirpt baseado no motor V8 de Chrome. Lanzado no 2009, empezou a coller moita popularidade ata converterse unha das plataformas máis utilizadas. Algúns frameworks existentes:

  • Next.js: é o framework web máis popular na actualidade. Framework creado por Vercel e baseado en Recat que facilita a creación de aplicacións web modernas con características integradas como o renderizado do lado do servidor (SSR), xeración estática (SSG), enrutado automático, API router e optimización de rendemento.

  • Express: foi un dos framework web máis populares do ecosistema de Node.js. Creado no ano 2010 e amplamente utilizado a día de hoxe pola súa sinxeleza e lixeireza.

Python

Python é unha linguaxe de guións multiplataforma e multiparadigma, xa que permite o desenvolvemento de estilos diferentes de programación. É unha linguaxe simple, versátil e na que os programas son rápidos de desenvolver. Os frameworks máis utilizados con esta linguaxe son:

  • Django: Creada en 2005. Existen proxectos de Mozilla e OpenStack que utilizan esta tecnoloxía.

  • Flask: framework minimalista de código aberto que utiliza como linguaxe Python.

Java

Template engines

Os motores de plantillas (template engine) son linguaxes propias para utilizar nas vistas. Estas linguaxes permiten combinar plantillas HTML con datos para xerar un documento HTML que se envía ao cliente. O seu funcionamento é similar ao código PHP incrustado en HTML, pero a súa sintaxe e moito máis sinxela e máis próxima a linguaxe HTML. Deste xeito nas plantillas tan só se substituían as variables por datos, sen bloques complexos de programación.

Algún dos template engine máis utilizados son:

Framewoks de frontend

O frontend constitúe a interface de usuario. Encárgase de todo o dinamismo e interacción co usuario. Execútase no navegador. Comunícase coa API mediante o intercambio de ficheiros lixeiros de datos (JSON ou XML).

Angular

Angular foi creado por Google coa linguaxe TypeScript, un superset de Javascript. A súa primeira versión data do ano 2016. O Deuscht Bask e PayPal confían nesta tecnoloxía para os seus proxectos.

Angular

Vue

Vue foi creado no ano 2014 e utiliza como linguaxe JavaScript. Netflix e Xiaomi utilizan esta librería en producción.

Vue