Saltar al contenido principal

Linguaxe de contorno servidor

As linguaxes de guión de lado servidor son moito máis flexibles, xa que case calquera linguaxe pode ser executada nun servidor. O obxectivo é xerar documentos HTML de forma dinámica.

Estas execútanse no servidor.

Para xerar unha aplicación web débese realizar unha selección dunha linguaxe de guións apropiada. Isto propiciará que no servidor web, para poder desenvolver a aplicación web, necesitaremos ter instalado o intérprete da linguaxe de guións de servidor, xa que senón, o servidor non será capaz de interpretar e executar as sentenzas que atope escritas nesa linguaxe de guións de servidor.

A principal linguaxe utilizada como linguaxe de script de lado servidor foi PHP.

O código destas linguaxes incrustábase entre o código HTML. Deste xeito o código da linguaxe de lado servidor executábase xerando un novo documento HTML que se enviaba ao cliente.Un exemplo de código incrustado:

<!DOCTYPE html>
<html>
<head>
<title>PHP incrustado en HTML</title>
</head>
<body>
<h1><?php echo "Ola mundo!" ?></h1>
</body>
</html>

Isto unha vez executado no intérprete de PHP xeraría un documento HTML do seguinte xeito:

<!DOCTYPE html>
<html>
<head>
<title>PHP incrustado en HTML</title>
</head>
<body>
<h1>Ola mundo!></h1>
</body>
</html>

Esta linguaxe data a súa primeira versión no ano 1995. Actualmente encóntrase na súa versión 8. É unha das máis utilizadas para desenvolvemento de aplicacións web.