HTML
HTML (HyperText Markup Language) é unha linguaxe de marcas que serve de estándar para a elaboración de páxinas web. Este estándar está a cargo do W3C.
Esta define unha estrutura básica e un código para a definición de contido dunha páxina web, imaxes, vídeos, etc. Permite engadir elementos externos a páxina por medio de referencias a localización de outros elementos.
Permite indicar a estrutura do documento mediante etiquetas, polo que ofrece unha estrutura lóxica e doada de interpretar para humanos e máquinas.
Ao longo das súas versións fóronse incorporando e suprimindo diferentes características segundo a web foi evolucionando.
A última versión dispoñible é HTML 5.